Pode consultarse a convocatoria orixinal nesta ligazón.
CONVOCATORIA E BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL
LABORAL NON FIXO DO CADRO DE PERSOAL PARA PRESTAR SERVIZOS NA PISCINA MUNICIPAL DO
CONCELLO DE CHANTADA.
A) CONVOCATORIA.
Visto o acordo plenario polo que se decide a asunción da explotación directa por parte do Concello de Chantada das actividades que se viñan desenvolvendo na Piscina Municipal mediante xestión externa pola empresa “Grupo Pazos Salud y Ocio, S.A.”.
Visto que polo Pleno de data 3 de marzo de 2014 declarouse prioritario o servizo de piscina climatizada, piscina descuberta e anexos do Concello de Chantada, así como a prioridade de 8 postos de traballo adscritos a dito servicio, sendo dous de limpieza, polo que na mesma sesión declarouse a prioridade o servizo de limpeza de edificios municipais, instalacións e centros educativos.
Visto o Informe de Secretaría de data 28 de febreiro de 2014, coformado pola Intervención. Vistas as bases redactadas polo Servicio de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.
Visto o art. 11 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) polo que se establece que “é persoal laboral o que en virtude de contrato de traballo formalizado por escrito, en calquera das modalidades de contratación de persoal previstas na lexislación laboral, presta servizos retribuídos polas Administración Públicas. En función da duración do contrato este poderá ser fixo, por tempo indefinido ou temporal”.
Visto o artigo 55.1 do EBEP que sinala que “todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de
acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estatuto e no resto do ordenamento xurídico”.
Visto o artigo 55.2 do EBEP que preceptúa que “as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os estabelecidos a continuación:
a)Publicade das convocatorias e das súas bases.
b)Transparencia.
c)Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
d)Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
e)Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.
f)Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.”.
Visto o artigo 61.1 do EBEP que dispón que “os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán
a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva
previstas neste Estatuto”.
Visto o artigo 35.1 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, establece que “[...] poderán proceder á contratación de persoal laboral non permanente para a realización de traballos que non podan seratendidos por persoal laboral fixo, [...].
Os ditos contratos celebraranse conforme aos principios de mérito e capacidade, e axustándose ás normasde xeral aplicación na contratación deste tipo de persoal laboral e de acordo cos criterios de selección que sedeterminen [...]”.
Tendo en conta que para acadar un funcionamento eficaz da Piscina Municipal, e con fundamento en criterios de economía e eficacia, constátase a necesidade urxente de convocar os empregos que a continuación se relacionan:
NºEMPREGOS DENOMINACIÓN XORNADA RELACIÓN LAB.
1 Director/a do Departamento de Administración e recepcionista Completa. Contrato laboral non
fixo.
1 Responsable Técnico Deportivo e socorrista Completa. Idem.
1 Socorrista. Completa. Idem.
1 Monitor/a I e socorrista ½ xornada. Idem.
1 Monitor/a II e socorrista ¾ xornada. Idem.
1 Auxiliar de Mantemento e Recepción. Completa. ½ ao mantemento. ½ á recepción. Idem.
1 Operario/a de Limpeza I e vestiario Completa. Idem.
1 Operario/a de Limpeza II. ¾ xornada. Idem.
Con fundamento no exposto con anterioridade e en uso das atribucións que me confire o e o artigo 21.1.g da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVO:
1º.-Aprobar as Bases e os seus anexos que rexerán os procesos selectivos, mediante o sistema libre de concurso de valoración de méritos para o ingreso, con carácter laboral non fixo, nos empregos anteriormente mencionados.
2º.-Ordenar a publicación da presente convocatoria e das Bases e os seus Anexos no Boletín Oficial da
Provincia.
Chantada, a 6 de marzo de 2014.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
B) BASES XERAIS E ANEXOS.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Como consecuencia do acordo plenario sobre asunción da explotación directa por parte do Concello de Chantada das actividades que se viñan desenvolvendo na piscina municipal mediante xestión externa, fai se necesario proceder á selección do persoal preciso p
ara a prestación daquelas actividades.
As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección á empregos do Concello de Chantada para o acceso á condición de empregado municipal non fixo do cadro de persoal mediante a formalización de contratos laborais que corresponda
de conformidade coa lexislación laboral.
Os empregos que se convocan son os seguintes:
-
1 de Director/a do Departamento de Administración (xornada completa).
-
1 de Responsable Técnico Deportivo (xornada completa).
-
1 de Socorrista (xornada completa).
-
1 Monitor/a I (1/2 xornada).
-
1 Monitor/a II (3/4 xornada).
-
1 de Auxiliar de Mantemento e Recepción (xornada completa: 1/2 xornada a funcións de mantemento e ½ xornada funcións de recepción).
-
1 de Operario/a de Limpeza I (xornada completa).
-
1 de Operario/a de Limpeza II (¾ de xornada).
O persoal seleccionado prestará servizos na piscinamunicipal do Concello de Chantada. A convocatoria
e asbases, e os seus anexos, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web (www.concellodechantada.es).
2.- NORMAS DE APLICACIÓN.
Serán de aplicación a Lei 7/2007, do 12 de abril do estatuto básico do empregado público (EBEP), agás o Capítulo II, do Título III, e no que resulten vixe ntes, a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o RD lexislativo 781/1986, de 18 do abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 30/84, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o RD 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 5/1997, de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia e o RD Lexislativo
1/2008, do 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia. Serán tamén de aplicación o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e o
RD 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da administración xeral do estado.
3.- REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR OS ASPIRANTES.
3.1.- REQUISITOS XERAIS.
Os/As aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de remate do prazo de presentación de instancias e que están en condicións de acreditalos, unha vez superadas asprobas selectivas, antes da formalización do contrato laboral de carácter laboral non fixo, agás no su posto de compatibilidade de actividade, que é suficiente para acreditala antes do inicio da relación de servizo
.
a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso aoemprego público de nacionais doutros Estados.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego ao que se aspira.
c) Ter cumpridos dezaseis anos.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhablilitado
ou en situación equivalente nin ter sido sometido asanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Posuír o título académico esixido no anexo I daspresentes bases. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
f) Cumprir, no momento da formalización do contrato, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
Os/As aspirantes que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade unha vez que o Tribunal de selección formalice o contrato de traballo. De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo ao Concello de Chantada, os/as aspirantes seleccionados/as comprométense a renunciar á mencionada actividade.
3.2.- REQUISITOS ESPECÍFICOS:
Esixiranse os requisito/s específico/s que figuran no Anexo I para algúns dos empregos que se convocan.
Todos os requisitos esixidos, tanto xerais coma específicos, deberán posuílos os/as aspirantes o día que remate o prazo de presentación de solicitudes e conservalos, cando menos, ata a data da resolución do seu nomeamento como funcionario/a interino/a.
4. - PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Os interesados dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se publica como Anexo II destas bases e que
tamén se facilitará nas Oficinas administrativas do Concello de Chantada e na súa páxina Web, ao Sr. Alcalde do Concello de Chantada.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Chantada ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As
solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo/a empregado/a do Servizo de Correos.
O prazo de presentación será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
A solicitude de participación no proceso selectivo,deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes e nela relacionarán, nos apartados correspondentes, os méritos que aleguen. Os méritos relacionados acreditaranse conforme se establece na base 5.2.
Rematado o prazo de presentación de instancias procederase á publicación da lista de admitidos e excluídos no taboleiro de edictos e na páxina web da Entidade, outorgando un prazo máximo de 2 días naturais para que os excluídos aleguen o que consideren. Resoltas as
reclamacións, publicarase a lista definitiva no taboleiro de edictos e na páxina web da Entidade, ou darase pordefinitiva a lista provisional se non houbera reclamacións.
5.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE.
5.1.- FOTOCOPIA COMPULSADA DO DNI OU PASAPORTE
.
Ademais, os/as aspirantes estranxeiros/as, deberán presentar documentos que acrediten que son nacionais da Unión Europea ou dalgúns dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de ap licación a libre circulación de traballadores.
5.2.- MÉRITOS DEBIDAMENTE ACREDITADOS.
A) Documentación acreditativa dos méritos.
Deberase acompañar á solicitude as xustificacións documentais dos méritos que desexen alegar en relación co/s emprego/s ao/s que se opte/n, mediante:
-
Certificacións de servizos prestados, expedida polo organismo oficial no que se prestaron, certificado de
vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ao que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas se os servizos se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que
as funcións ou tarefas realizadas se correspondenco emprego ao que se opta.
-
Copia autenticada da/s titulación/s, cursos, estudos, xornadas, seminarios, etc.
-
Currículo debidamente documentado e acreditado, ou calquera outro documento que probe de xeito indubidable a posesión dos méritos que se alegan.
Non se valorarán os méritos que non estean acredita dos documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal de selección, non estean suficientemente acreditados.
Os méritos aos que se fai referencia no/s baremo/s incluídos no Anexo I deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias, computándos e en calquera caso ata a citada data.
B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.
Non acreditar os méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior determinará que estes non serán
tidos en conta polo Tribunal de Selección nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación
de instancias. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.
6. - TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
6.1.- COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.
O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por5
membros, podendo actuar indistintamente titulares e suplentes:
PRESIDENTE
: O/A designado/a pola Alcaldía.
VOGAIS:
Tres técnicos/as ou expertos/as designados/as pola Alcaldía.
SECRETARIO/A:
Funcionario/a da corporación ou funcionario doutra administración que o substitúa regulamentariamente.
Por cada membro do Tribunal de selección nomearaseun suplente.
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
Na composición do Tribunal de selección tenderase áparidade entre homes e mulleres. Non poderán formar
parte dos tribunais de selección as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.
O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constitúan o Tribunal seleccionador, realizarase por
Decreto da Alcaldía, debendo posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza que se convoca.
Os membros do Tribunal terán todos voz e voto. A composición do Tribunal de selección publicarase no taboleiro de edictos do Concello de Chantada e na súa páxina web xunto coas datas da realización da entrevista. Esta publicación realizarase cunha antelación de
72 horas á iniciación da devandita entrevista.
6.2.- ABSTENCIÓN E RECUSACIÓN.
Os membros do Tribunal de selección absteranse de intervir, comunicándollo ao órgano convocante, cando
concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 de Lei 30/1992, de 26 de novembro de
Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como, cando tivesen
realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Así mesmo, os interesados poderán promover a recusación de acordo co sinalado no artigo 29 da citadanorma.
6.3.- ACTUACIÓN DO TRIBUNAL.
O Tribunal de selección constituirase na data que designe o Sr. Alcalde, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos seus membros titulares ou suplentes, coa presenza, en todo caso, do Presidente e do Secretario. Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.
A partires da sesión de constitución, o Tribunal de selección, para actuar validamente, requirirá que estean presentes a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto na Lei 30/92, de Réxime Xurídic
o das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común e ás bases xerais e específicas reguladoras da correspondente convocatoria.
O Tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan a carón da aplicación das normas contidas nestas bases e Anexo I e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización do sistema selectivo, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases e Anexo I.
Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de
novembro, xa citada. O Tribunal de selección adoptará as medidas precisas naqueles casos que resulte necesario para que os
aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizar o exercicio de galego cas do resto dos
aspirantes. Se na súa realización lle xurdisen dúbidas respecto da capacidade do aspirante para o desempeño
das actividades habitualmente desenvolvidas polos empregados dos empregos aos que se opta, poderá soli
citar o correspondente ditame do órgano competente.
6.4.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN.
O Tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas actuacións
que demanden oír a opinión de técnicos/as especialistas. Igualmente, se poderá designar colaboradores/as para
auxilialo naquelas actuacións que o precisen.
6.5.- PAGAMENTO DE ASISTENCIAS E GASTOS DE DESPRAZAMENTO DOS MEMBROS DO TRIBUNAL
.
Os membros do Tribunal de selección, así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán
dereito, pola súa concorrencia ás distintas sesións, a percibir as axudas de custo por asistencia na contía
establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as
actualizacións vixentes na data da realización dasprobas.
Así mesmo, os membros do Tribunal que teñan que desprazarse dende outro termo municipal terán dereito
a percibir as correspondentes axudas de custo por gastos de locomoción e manutención, conforme determina
a normativa anteriormente citada; podendo efectuar os
mencionados desprazamentos en vehículo propio.
7.- O SISTEMA DE SELECCIÓN.
O sistema de selección será o concurso de méritos.
7.1.- BAREMO DE MÉRITOS.
Os distintos baremos correspondentes aos empregos que se convocan establécense no Anexo I destas Bases
.
A puntuación máxima do baremo de méritos, incluída a puntuación da entrevista curricular será de 20puntos.
Os/as aspirantes que non alcance a puntuación de 8 puntos (50% da valoración correspondente á experiencia profesional, formación complementaria e idioma) quedarán eliminados e non pasarán ao acto da entrevista curricular, así como, se é o caso, á proba de galego. Non obstante, no referente aos empregos Operario/a de
Limpeza I e Operario/a de Limpeza II quedarán eliminados os/as aspirantes que non alcance a puntuación
de 7 puntos.
7.1.1.- FACTORES QUE PODERÁN INTEGRARÁN OS BAREMOS SEGUNDO O TIPO DE EMPREGO CONVOCADO.
A) Experiencia profesional.
B) Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta.
C) Coñecementos de idiomas.
7.1.2.- ENTREVISTA CURRICULAR.
A entrevista curricular consistirá na contestación por parte dos/as aspirantes ás preguntas formuladaspolos membros do Tribunal co gallo de afondar unicamente en cuestión curriculares, sen contemplar aspectos persoais ou que non se atopen directamente relacionados cos méritos curriculares.
7.2.- PROBA DE GALEGO.
O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de
Galiza, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece que nas probas selectivas
que se realicen para o acceso ás prazas da Administraciónda Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais
de Galiza incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega
conforme a normativa vixente, todo isto sen prexuízo daquelas probas que teñan que realizarse en galego para
aquelas prazas/postos/empregos en que se requira un especial coñecemento da lingua galega.
En cumprimento do sinalado a proba de galego consistirá, a opción do Tribunal de selección, na tradución
dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, elixido por sorteo entre dous textos propostospolo Tribunal. Non obstante ao dito, para os/as aspirantes aos empregos de Auxiliar de Mantemento e Recepción, Operario/a de Limpeza I e Operario/a de
Limpeza II a proba de galego consistirá nunha conversa en galego.
Para superar a proba é necesario obter o resultado de apto.
Estarán exentos da realización da proba de galego o s/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao
día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o Celga ou cursos equivalentes que se determine para
cada emprego no Anexo I das presentes bases.
Este exercicio é obrigatorio e eliminatorio.
8. - CUALIFICACIÓN FINAL.
A cualificación final do proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na valoración
de méritos e na entrevista, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados. Como
é lóxico, quedarán excluídos/as deste cálculo aqueles/as aspirantes que tiveran que someterse á proba de
galego e non obtiveran a cualificación de apto.
No suposto de empate nas puntuacións de dous/dúas ou máis aspirantes, o desempate resolverase a favor
do/a aspirante que obteña a maior puntuación no factor experiencia profesional. No suposto de que persista o
empate este resolveríase a favor do/a aspirantes que obteña a maior puntuación na entrevista.
9. - PROPOSTA DE SELECCIÓN.
O Presidente do Tribunal de selección, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante a Alcaldía, sen que esta poida superar o número de empregos convocados. A dita proposta publicarase no taboleiro de edictos do Concello de
Chantada e na súa páxina web.
Non obstante o anterior, sempre que os órganos de selección realizaran propostas de formalización decontrato igual o número de aspirantes que o de empregos convocados, e co fin de asegurar a súa cobertura, cando se produzan renuncias dos/as aspirantes seleccionados/as, antes do da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requirir ao órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan
aos propostos, para o súa posible sinatura do contrato laboral.
O Tribunal de selección establecerá a orde de aqueles/as aspirantes que sen ser seleccionados/as superaron
a puntuación mínima fixada para superar o proceso selectivo ao obxecto de confección de listas de reserva para
o acceso, durante o período de 5 anos, a cada unha das categorías laborais convocadas.
10.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
.
Os/As aspirantes propostos/as presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Chantada a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa.
b) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto.
c) Declaración xurada de non ter sido separados/as do servizo das administracións públicas e non estar
incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
d) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) dotítulo académico esixido ou certificación académica dos estudios realizados acompañada do xustificante de ter
efectuado o pagamento dos dereitos para a expedición do devandito título.
e) Copia autenticada ou fotocopia (que se presentar á acompañada do orixinal para a súa compulsa) da acreditación profesional esixida, para algúns empregos convocados, no Anexo I destas bases.
f) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria. O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no taboleiro de edictos, prazo que poderá ampliarse cando os/as seleccionados/as acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.
11.- RESOLUCIÓN DO PROCESO SELECTIVO.
Á vista da proposta do Tribunal de selección e constatado que os/as aspirantes acreditaron os requisitos
esixidos para acceder aos empregos que se convocan, a Alcaldía resolverá o procedemento selectivo decidindo a
contratación como persoal laboral aos/ás aspirantes propostos/as e, acto seguido, procederá á formalización do
contrato laboral correspondente.
12.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal
ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos
competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na
aplicación dos mencionados instrumentos xurídicos.
13.- RECURSOS.
Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, e que é definitiva en vía administrativa,
poderán os/as interesados/as interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía do Concello de
Chantada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no BOP, ou recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que estime procedente.
Chantada, a 6 de marzo de 2014.- O ALCALDE, Manuel Varela Lorenzo Rodríguez.
ANEXO I.- BASES ESPECÍFICAS.
A.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO: Director/a do Departamento de Administración(xornada completa).
1.- Nº de empregos que se convocan:
1.
2.- Adscrición: Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello:
Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulación académica esixida
para tomar parte no proceso selectivo: Grao universitario, licenciaturauniversitaria ou titulacións académicas equivalentes.
5.- Funcións:
Responsable da administración das instalacións da piscina municipal. Ademais, no suposto de que sexa necesario, realizara labores de apoio á recepción.
6.- Baremo do sistema selectivo (concurso):
a) Experiencia profesional Valorarase ata un máximo de 8 puntos
.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que se convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,070 puntos por mes de servizo.
b) Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta. Puntuación máxima 5 puntos
.
Valoraranse a razón de 0,070 puntos por hora de formación complementaria.
c) Idiomas.
A puntuación máxima neste apartado será 2 puntos.
c1) O coñecemento do idioma galego puntuarase a razón dun máximo dun punto
.
- Celga 2 0,60 puntos
.
- Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba li bre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e
cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,70 puntos.
- Celga 4, curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para
estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas: 0,80 puntos
.
- Ciclo superior
(cursos 5º e 6º) dos estudos de galego das Escolas Oficiais de Idiomas, curso medio de linguaxe administrativo e xurídica galega e similares:
0,90 puntos
.
- Celga 5,
Licenciatura de filoloxía galega e filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués), nivel superior
de linguaxe administrativa galega, e similares: 1 punto.
Non poderán, en ningún caso, acumularse as puntuacións polos distintos cursos ou titulacións; puntuándose,
en consecuencia, polo curso ou titulación de nivelsuperior.
Só se lle concederá validez, para acreditar o idioma galego, os cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
c2) O coñecemento de linguas comunitarias valoraranse, a criterio do Tribunal de selección,
ata un máximo de 1 punto.
d) Entrevista:
Valorarase ata un máximo de 5 puntos.
7.- Exención da proba de galego:
Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou certificados equivalentes.
B.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO:
Responsable Técnico Deportivo (xornada completa).
1.- Nº de empregos que se convocan:
1
2.- Adscrición: Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello: Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulacións académicas esixidas para tomar parte no proceso selectivo:
Grao de Ciencias de Actividades Físicas e do Deporte (CAFD), Licenciatura de Ciencias de Actividades Físicas e do Deporte (CAFD), Gra
o ou Diplomado en Profesorado de EGB, especialidade en Educación Física ou titulacións similares expedidas
polas Facultades de Formación do Profesorado (antigas Escolas de Maxisterio) coa especialidade en Educación Física.
5.- Acreditación específica:
Habilitación de Socorrista Acuático expedida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Academia Galega
de Seguridade Pública. Xunta de Galicia. Igualment e serán válidas as habilitacións expedidas por calquera Com unidade Autónoma ou polo organismo público pertencente a calquera outro Estado.
6.- Funcións:
Responsable da planificación e supervisión de tódalas actividades deportivas: cursos natación, ton
muscular, ximnasia aeróbic, socorrismo, Ademais, realizará labores de socorrismo, así como labores de
monitor/a nos cursos de natación.
7.- Baremo do sistema selectivo (concurso):
a) Experiencia profesional.
Valorarase ata un
máximo de 8 puntos.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que se convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,070 puntos por mes de servizo.
b) Cursos, estudos, xornadas, seminariosrelacionados coas funcións do emprego ao que se opta: Puntuación
máxima 5 puntos
.
Valoraranse a razón de 0,070 puntospor hora de formación complementaria.
c) Coñecemento de idiomas:
Puntuación máxima 2 puntos
.
c1) O coñecemento do idioma galego puntuarase a razón dun máximo de 1 punto.
-
Celga 2: 0,50 puntos.
- Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e
cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos
.
- Celga 4,
curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas:
1 punto.
c2) O coñecemento de linguas comunitarias valoraranse, a criterio do Tribunal de selección, ata un
c2) O coñecemento de linguas comunitarias valoraranse, a criterio do Tribunal de selección, ata un
máximo dun punto
.
d) Entrevista:
Valorarase ata un máximo de 5 puntos.
8.- Exención da proba de galego:
Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou certificados equivalentes.
C.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO: Socorrista (xornada completa).
1.- Nº de empregos que se convocan:1.
2.- Adscrición: Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello: Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulacións académicas esixidas para tomar parte no proceso selectivo:
Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
5.- Acreditación específica:
Habilitación de Socorrista Acuático expedida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Academia Galega
de Seguridade Pública. Xunta de Galicia. Igualmente serán válidas as habilitacións expedidas por calquera Comunidade Autónoma ou polo organismo público pertencente a calquera outro Estado.
6.- Funcións:
Socorrer aos usuarios da Piscina Municipal. Ademais, compaxinará as funcións de socorrismo coaimpartición de cursos de natación.
7.- Baremo do sistema selectivo (concurso):
a) Experiencia profesional. Valorarase ata un máximo de 8 puntos
.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que se convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,070 puntos por mes de servizo.
b)
Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta: Puntuación
máxima 5 puntos.
Valoraranse a razón de 0,070 puntos por hora de formación complementaria.
c) Coñecemento de idiomas:
Puntuaciónmáxima 2 puntos.
c1) O coñecemento do idioma galego puntuarase a razón dun máximo de1 punto.
- Celga 2: 0,50 punto.
- Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e
cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos.
- Celga 4,curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para
estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas: 1 punto.
c2) O coñecemento de linguas comunitarias valoraranse, a criterio do Tribunal de selección, ata un máximo
dun punto.
d) Entrevista:
Valorarase ata un máximo de 5 puntos.
8.- Exención da proba de galego:
Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 ou certificados equivalentes.
D.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO: Monitor/a I (1/2 xornada).
1.- Nº de empregos que se convocan:1.
2.- Adscrición: Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello: Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulacións académicas esixidas para tomar parte no proceso selectivo: Técnico Superior en Animación de
Actividades Físicas e Deportivas, Bacharelato, Graduado ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
5.- Acreditación específica:
Habilitación de Socorrista Acuático expedida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Academia Galega
de Seguridade Pública. Xunta de Galicia. Igualmente serán válidas as habilitacións expedidas por calquera Comunidade Autónoma ou polo organismo público pertencente a calquera outro Estado.
6.- Funcións:
As propias de monitor de ximnasia-aerobic e impartirá cursos de natación. Ademais, no suposto de que sexa necesario, realizara labores de socorrismo
.
7.- Baremo do sistema selectivo(concurso):
a)Experiencia profesional Valorarase ata un máximo de 8 puntos.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que se convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,120 puntos por mes de servizo.
b) Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta: Puntuación
máxima 5 puntos.
Valoraranse a razón de 0,070 puntos por hora de formación complementaria.
c) Coñecemento de idiomas: Puntuación máxima 2 puntos.
c1) O coñecemento do idioma galego puntuarase a razón dun máximo de 1 punto.
- Celga 2: 0,50 puntos.
- Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba li bre de iniciación , curso de nivel elemental de lin
gua e cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos
.
- Celga 4, Curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para
estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficialde Idiomas: 1 punto.
c2) O coñecemento de linguas comunitarias valoraranse, a criterio do Tribunal de selección,ata un
máximo dun punto.
d) Entrevista:
Valorarase ata un máximo de 5 puntos.
8.- Exención da proba de galego:
Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 ou certificados equivalentes.
E.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO: Monitor/a II (3/4 xornada).
1.- Nº de empregos que se convocan:
1.
2.- Adscrición: Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello: Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulacións académicas esixidas para tomar parte no proceso selectivo: Técnico Superior en Animación de
Actividades Físicas e Deportivas, Bacharelato, Graduado ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
5.- Acreditación específica:
Habilitación de Socorrista Acuático expedida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Academia Galega
de Seguridade Pública. Xunta de Galicia. Igualmente serán válidas as habilitacións expedidas por calquera Comunidade Autónoma ou polo organismo público pertencente a calquera outro Estado.
6.- Funcións:
As propias de monitor/a de ton muscular e impartir á cursos de natación. Ademais, no suposto de que sexa necesario, realizara labores de socorrismo
.
7.- Baremo do sistema selectivo (concurso):
a) Experiencia profesional
. Valorarase ata un máximo de 8 puntos.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que se convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,120 puntos por mes de servizo.
b)Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta: Puntuación
máxima 5 puntos. Valoraranse a razón de0,070 puntos por hora de formación complementaria.
c)Coñecemento de idiomas: Puntuación máxima 2 puntos.
c1) O coñecemento do idioma galego puntuarase a razón dun máximo de 1 punto.
- Celga 2: 0,50 punto.
- Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lin
gua e cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos.
- Celga 4,
Curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para
estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas: 1 punto.
c2) O coñecemento de linguas comunitarias valoraranse, a criterio do Tribunal de selección, ata un máximo dun punto.
d) Entrevista: Valorarase ata un máximo de 5 puntos.
8.- Exención da proba de galego: Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 ou
certificados equivalentes.
F.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO:
Auxiliar de Mantemento e Recepción (xornada completa).
1.- Nº de empregos que se convocan: 1.
2.- Adscrición: Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello: Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulacións académicas esixidas para tomar parte no proceso selectivo:
Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
5.- Funcións:
Realizar as funcións propias de recepcionista e as propias de auxiliar de mantemento segundo asnecesidades. Entrará en contacto cos auxiliares demantemento do Concello para arranxar calquera avaría-imprevisto que xurdan nas instalacións da Piscina Municipal.
6.- Baremo do sistema selectivo (concurso):
a) Experiencia profesional.
Valorarase ata un máximo de 10 puntos.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que se convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,070 puntos por mes de servizo.
b) Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta:
Puntuación máxima 4 puntos
.
Valoraranse a razón de 0,040 puntos por hora de formación complementaria.
c) Coñecemento do idioma galego. Puntuarase a razón dun máximo de 1 punto.
- Celga 2: 0,50 punto
.
- Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e
cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos
.
- Celga 4, curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para
estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas: 1 punto
.
d) Entrevista: Valorarase ata un máximo de 5 puntos.
8.- Exención da proba de galego: Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten posuír o Celga 2 ou certificados equivalentes.
G.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO:
Operario/a de Limpeza I (xornada completa).1.- Nº de empregos que se convocan:1.
2.- Adscrición:
Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello:
Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulacións académicas esixidas para tomar parte no proceso selectivo:
Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
5.- Funcións:
Realizar as funcións propias da limpeza e axudante nos vestiarios da Piscina Municipal.
6.- Baremo do sistema selectivo (concurso):
a) Experiencia profesional. Valorarase ata un máximo de 12 puntos.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que s e convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,150 puntos por mes de servizo.
b) Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta:
Puntuación máxima 1 punto
.
Valoraranse a razón de 0,040 puntos por hora de formación complementaria.
c) Coñecemento do idioma galego. Puntuarase a razón dun máximo de1 punto.
- Celga 2: 0,50 punto
.
- Celga 3,
curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e
cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos
.
- Celga 4, curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa
galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas: 1 punto
.
d) Entrevista: Valorarase ata un máximo de 6 puntos.
8.- Exención da proba de galego: Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten posuír o Celga 2 ou certificados equivalentes.
H.- BASES ESPECÍFICAS DO EMPREGO DENOMINADO: Operario/a de Limpeza II (3/4 xornada).
1.- Nº de empregos que se convocan:1.
2.- Adscrición: Instalacións da piscina municipal.
3.- Relación xurídica co Concello: Persoal laboral non fixo do cadro de persoal.
4.- Titulacións académicas esixidas para tomar parte no proceso selectivo: Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
5.- Funcións:
Realizar as funcións propias da limpeza. Se as circunstancias o requiren realizará labores de auxiliar no vestiario.
6.- Baremo do sistema selectivo (concurso):
a)Experiencia profesional. Valorarase ata un máximo de 12 puntos.
- Por desempeñar ou ter desempeñado o emprego que se convoca ou realizar as funcións de administración
en instalacións deportivas, valorarase a razón de 0,150 puntos por mes de servizo.
b) Cursos, estudos, xornadas, seminarios relacionados coas funcións do emprego ao que se opta: Puntuación
máxima 1 punto. Valoraranse a razón de 0,040 puntos por hora de formación complementaria.
c) Coñecemento do idioma galego
. Puntuarase a razón dun máximo de 1 punto.
- Celga 2: 0,50 puntos.
- Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e
cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos
.
- Celga 4, curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega
para estranxeiros e 1º, 2º e 3º curso da Escola Oficial de Idiomas: 1 punto.
d) Entrevista: Valorarase ata un máximo de 6 puntos.
8.- Exención da proba de galego: Quedarán exentos/as os aspirantes que acrediten po suír o Celga 2 ou
certificados equivalentes.